Memorias sonoras das mulleres na Agra do Orzán

Docu-acción

Memorias sonoras das mulleres na Agra do Orzán

Centro Ágora, A Coruña, 3 de xullo de 2013
Carme Nogueira, Anxela Caramés e Uqui Permui

O 3 de xullo de 2013 realizouse, na plaza do Centro Socio-Cultural Ágora, unha docu-acción do Contenedor de Feminismos sobre as diferentes realidades das veciñas da Agra do Orzán coa música como fío conductor. Formou parte das múltiples actividades organizadas por SinSal para o proxecto Música en branco. Memoria da Agra do Orzán.

Os testimonios das mulleres mesturaron diferentes realidades que fixeron moi interesante a conversa, pois non só se falou das vivenzas en torno á música, senón tamén de como esas formas de vida tan diferentes implicaban diferentes xeitos de entender a maternidade, a educación, as tradicións, o propio idioma... Mulleres que chegaron de distintos países, como a senegalesa Elisabeth Ndyae, que tamén cantou algunhas das súas cancións; loitadoras políticas como Sara Cao, Araceli Barros e Rosa Pereiro ou algunha das máis novas, como Noa Seixo, interesada na música tradicional galega, foron algunhas das nosas contertulias, xunto con Ramona del Prisco, directora do Coro de Mulleres do Barrio da Silva.

 

[Fotografía: Xabier Fernández Pérez de Lis]

 

 

Mapa
Participan
Sara Cao
Araceli Barros
Ramona del Prisco
Noa Seixo
Rosa Pereiro
Elisabeth Ndyae