Gráfica feminista
A investigación sobre a gráfica feminista elabórase nun proceso aberto e continuado. Nunha primeira escolla achegarei o meu propio arquivo, organizado en distintas galerías e segundo os diferentes formatos. No criterio de selección do material, aínda que se teña en conta o interese de contidos, prima, neste caso, o interese gráfico.
As traballadoras das fábricas de conservas
Para a primeira docu-acción do contenedor, realizada no marco das xornadas Contra vento e marea. Verbas e pegadas dos feminismos, situamos o contenedor fronte a unha antiga conserveira de Vilaxoán e entrevistamos as traballadoras e sindicalistas Loli Álvarez, Carmen Ferro e Mar Suárez, e á avogada laboralista Mari Luz García Vigo. A historia que queriamos recuperar sucedera vinte anos antes, en agosto de 1989, cando preto de cen mulleres, catro delas en folga de fame, pecháronse na fábrica de Odosa, na Illa de Arousa, como protesta ao peche inminente da fábrica de conservas para evitar o despido indiscriminado de todas elas.